sábado, 16 de febrero de 2008

Piñeiro

O profesor de Filosofía faltaba a quinta hora. Despois de esperar unhos dez minutos coa libreta encima da mesa por si aparecía, acabei por metela na mochila. Ó facelo quitei a de Lengua, e despois abrina pola penúltima folla (acaso a contemplase por un instante, en blanco), e púxenme a escribir que o profesor de Filosofía faltaba a clase.
Piñeiro falou ó meu lado: Esta é a terceira que gasto.
- Mira tu.
- Gastei outras dúas no verán, cando estuven traballando alí, no Telepizza...
Xirei a cabeza para miralo, non sabía nin de qué me estaba a falar. Piñeiro suxeitaba un pequeño bloc de notas na man, no que tiña escrito con bolígrafo azul clariño “DJ Piñei- ROPI Music”, coma en case tódalas súas cousas: na axenda, na mesa, en follas soltas que deixaba nos caixóns doutros pupitres, e en xeral en calquer sitio onde alguén o poidera leer.
Xirei a cabeza para miralo e el debeu pensar que non o creía, porque refixo a súa historia sobre a marcha: Boh, non era no Telepizza, era nunha cervecería na calle do Telepizza.
- Non sei.
- Tampouco era exactamente na calle do Telepizza, vaia, pero estaba ó lado, facendo esquina. Foi pouco tempo, pero veume ben de práctica para saca-lo carné de manipulador…
- No, pois non sei.
E despois eu debín volver a concentrarme no papel en blanco, intentando escribir algo, porque xa non recordo nada máis desa conversa. Imaxino que Piñeiro se poñería a debuxar na súa mesa, garabateando frases soltas e versos de cancións dos Héroes del Silencio, pintando flores co seu bolígrafo rosa, ou simplemente firmándoa: “DJ Piñei- ROPI Music”.
Quizáis desistín de escribir e seguimos falando. Víñame ben que Piñeiro fora o meu compañeiro de pupitre, despois de todo, porque sempre tiña algo de qué falar, cando a min non se me ocurría nada. Claro que todas as súas conversas tiñan ese aire inverosímil, difuso.

No hay comentarios: